ACTIVIDADE7.PDF
Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE7.
Os conceptos están definidos nas páxinas 44 e 45 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:
Disco duro. Busca imaxe ou imaxes na rede onde apareza a estrutura dun disco magnético de xeito similar á figura 27 da páxina 44 do libro.
Memorias Flash. Busca 2 imaxes na rede (USB e tarxeta de memoria).
Unidade de estado Sólido. Busca unha imaxe na rede.
Discos magnéticos
Os soportes magnéticos gardan a información sobre unha superficie de natureza nagnética. Algúns exemplos son os discos flexibles, os discos duros, as cintas de vídeolas bandas dos cartóns de crédito, etc.
Discos duros
Un disco duro é un dispositivo magnético utilizado para almacenar gran cantidade de información. Componse de varios pratos, apilados nun mesmo eixo que vira a gran velocidade dentro dunha caixa metálica selada. Entre os pratos están situadas as cabezas de lectura-escrita que len e escriben nas dúas caras de cada disco.
Dendiendo da tecnoloxía utilizada para a transferencia de datos, os discos duros poden ser de varios tipos: IDE, SCSI, SATA, SAS, etc. O seu tamaño aumentou vertiginosamente, pasando do primeiro disco duro de 5MB, que pesaba unha tonelada aos discos actuais de varios TB cun tamaño algo maior que un teléfono móbil.

Estrutura dun disco magnético
Nun disco magnético diferéncianse:
-Caras: superficies superior en inferior de cada disco.
-Pistas:círculos concéntricos en que se divide cada cara do disco.
-Sectores: divisións que se fan en cada pista.
-Cilindros: conxunto de pistas que están aliñadas verticalmente en todas as caras. Este concepto utilízase nos discos duros, posto que neles hai varios pratos con pistas en ambas as caras.
Memoria flash
A memoria flash é un sistema de almacenamento estático que non necesita corrente para manter gardados os datos. Funciona mediante impulsos eléctricos e alcanza velocidades de funcionamento moi superiores a outros dispositivos, porque permite ler e escribir datos de forma simúltanea.
Converteuse nun soporte de uso habitual para almacenar e transportar información xa que, entre as súas características destacan a súa gran capacidade, as súas pequenas dimensións, o seu prezo alcanzable, a súa gran resistencia, a posibilidade de usala en dispositivos de diferente tipo e a súa facilidade de emprego.Iso si, a vida dunha memoria flash nos en indefinida: cífranse entre cen mil e un millón as veces que se pode gravar
información nela.
Os tipos de memorias
flash máis empregadas son:

UNIDADE
DE ESTADO SÓLIDO

As SSD fan uso da
mesma interface que os discos duros e, por tanto, son facilmente
intercambiables sen ter que recorrer a adaptadores ou cartóns de
expansión para compatibilizalas co equipo.
Ao ser inmunes ás
vibracións externas, son especialmente aptas para vehículos,
computadores portátiles e outros dispositivos móbiles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario