viernes, 11 de diciembre de 2015

ACTIVIDADE9.

ACTIVIDADE9.PDF
Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE9.
Os conceptos están definidos nas páxinas 49 e 50 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:

  • (0.75 puntos) Módems (ADSL,cable e USB). Busca unha imaxe de cada un na rede.
  • (0.75 puntos) Router. Busca unha imaxe na rede. 
  • (0.5 puntos) Dispositivo PLC. Busca unha imaxe na rede. 
  • (1 punto) Cableado de rede. Busca imaxes na rede onde aparezan os conectores RJ45 e ST e cables de par trenzado apantallado e fibra óptica. Nestes últimos deben estar indicadas as suas partes.

 

Módem



  • Módem ADSL. Utiliza o fío de cobre dunha liña telefónica para a transmisión de datos a alta velocidade. Esta tecnoloxía se denominda asimétrica debido a que a capacidade de descarga (desde a rede ata o usuario) e a capacidade de subida de datos ( en sentido inverso) non coinciden. A tecnoloxía que se emprega, ADSL2, ADSL+2 ou VDSL,proporciona gran ancho de banda que permite integrar na mksma liña de voz, datos, vídeo e televisión de alta calidade, polo que é unha das máis utilizadas.



  • Cable módem. Deseñado para modular o sinal de datos sobre unha infraestrutura de conexión por cable. Se uyiliza xeralmente para acceder a servizos de televisión por cable que, adicionalmente, proporcionan acceso a Internet de banda ancha.


  • Módem USB. Utiliza a banda de ancha do móbil para obter Internet en calquera lugar e momento, sempre que se dispoña de cobertura. Ofrece diferentes velocidades en función do tipo de conexión, GPRS, 3G ou 4G. Os teléfonos intelixentes pódense configurar como módem co que conectar outros dispositivos inalámbricamente.



Router

Un router é un dispositivo que permite interconectar diferentes redes informáticas, seleccionando a ruta de comunicación máis adecuada para o envío de datos. A maioría de routers tamén inclúen un módem coa tecnoloxía adecuada para a conexión a internet.





Dispositivo PLC

A tecnoloxía PLC(Power Line Communications) utiliza a liña eléctrica convencional para a transmisión de datos. Os dispositivos PLC teñen unha función similar á dun módem, aínda que neste caso utilizan a rede eléctrica para a transmisión de datos. O seu uso permite, entre outras cousas, o acceso a Internet mediante banda ancha, a transmisión de vídeo de alta definición e o uso de telefonía IP.





  Cableado de rede

O cable é un dos medios de conexión utilizado nas redes para transmitir datos. Existen diferentes tipos de cable:

Cableado coaxial. Está formado por un fío condutor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. É similar ao que se usa para a antena de televisión, aínda que actualmente está en desuso.

Cableado de par trenzado. Está constituído por catro pares de fíos. Cada par está entrelazado para diminuír a interferencia eléctrica e evitar que se axuste o sinal entre os pares. Dentro deste cableado distínguense os seguintes tipos:











UTP: É un cable non apantallado. É de baixo custo pero sensible a interferencias, polo que produce máis erros que outros cables.


STP: É un cable apantallado, é dicir, ten unha malla metálica ao redor do cable que o protexe das interferencias electromagnéticas.

FTP: É un cable apantallado con blindaxe global que posúe unha pantalla condutora en forma trenzada. Mellora a protección fronte ás interferencias con respecto ás anteriores.

Existen diversas categorias de cables, dependendo da súa velocidade de transmisión. As que están en uso son: categoria 5 (100Mbps), categoria 6 (1Gbps), categoria 7 (10Gbps) e categoria 8, que está en fase de desenvolvemento. O cableado de par trenzado utiliza conectores RJ-45.

 
 













Cable de fibra óptica. É unha fibra moi fina de material tranparente, vidro ou material plástico, pola que se envía un feixe de luz. Estes cables constan dun grupo de fibras ópticas protexidas con hiladuras de aramida para facelos resistentes á tracción, ademais de estra protexidos por varios revistimientos. Os conectores máis utilizados na fibra óptica para redes de área local son ST, LC, FC e SC. 






















viernes, 4 de diciembre de 2015

Tema 2. Hardware. Actividade 7



ACTIVIDADE7.PDF


Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE7.
Os conceptos están definidos nas páxinas 44 e 45 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:
Disco duro. Busca imaxe ou imaxes na rede onde apareza a estrutura dun disco magnético de xeito similar á figura 27 da páxina 44 do libro.
Memorias Flash. Busca 2 imaxes na rede (USB e tarxeta de memoria).
Unidade de estado Sólido. Busca unha imaxe na rede.


Discos magnéticos


Os soportes magnéticos gardan a información sobre unha superficie de natureza nagnética. Algúns exemplos son os discos flexibles, os discos duros, as cintas de vídeolas bandas dos cartóns de crédito, etc.

Discos duros


Un disco duro é un dispositivo magnético utilizado para almacenar gran cantidade de información. Componse de varios pratos, apilados nun mesmo eixo que vira a gran velocidade dentro dunha caixa metálica selada. Entre os pratos están situadas as cabezas de lectura-escrita que len e escriben nas dúas caras de cada disco.

Dendiendo da tecnoloxía utilizada para a transferencia de datos, os discos duros poden ser de varios tipos: IDE, SCSI, SATA, SAS, etc. O seu tamaño aumentou vertiginosamente, pasando do primeiro disco duro de 5MB, que pesaba unha tonelada aos discos actuais de varios TB cun tamaño algo maior que un teléfono móbil.




Estrutura dun disco magnético

Nun disco magnético diferéncianse:
-Caras: superficies superior en inferior de cada disco.
-Pistas:círculos concéntricos en que se divide cada cara do disco.
-Sectores: divisións que se fan en cada pista.
-Cilindros: conxunto de pistas que están aliñadas verticalmente en todas as caras. Este concepto utilízase nos discos duros, posto que neles hai varios pratos con pistas en ambas as caras.


Memoria flash

A memoria flash é un sistema de almacenamento estático que non necesita corrente para manter gardados os datos. Funciona mediante impulsos eléctricos e alcanza velocidades de funcionamento moi superiores a outros dispositivos, porque
permite ler e escribir datos de forma simúltanea.

Converteuse nun soporte de uso habitual para almacenar e transportar información xa que, entre as súas características destacan a súa gran capacidade, as súas pequenas dimensións, o seu prezo alcanzable, a súa gran resistencia, a posibilidade de usala en dispositivos de diferente tipo e a súa facilidade de emprego.Iso si, a vida dunha memoria flash nos en indefinida: cífranse entre cen mil e un millón as veces que se pode gravar 

información nela. 


Os tipos de memorias flash máis empregadas son:



-Memorias USB. Pequenos dispositivos cun chip de memoria flash. Conéctanse ao computador a través do porto USB en quente, é dicir, aínda que estea aceso. Xeralmente, non hai que instalar ningún software nin driver para utilizalas, xa que o sistema operativo recoñéceas automaticamente.


 


-Cartóns de memoria. Son soportes de almacenamento utilizados habitualmente en cámaras dixitais e móbiles, polo que se adoitan conectar ao computador a través dun lector de cartóns de memoria para transferir a súa información. Existen multitude de tipos e formatos, en función do fabricante; algúns dos máis comúns son SD, MiniSD, MicroSD, NanoSD, Compact Flash, Memory Stick, MMC, etc.




UNIDADE DE ESTADO SÓLIDO


Unha unidade de estado sólido ou SSD (Solid State Drive) é un dispositivo de almacenamento secundario de gran capacidade e alta velocidade. Ten o mesmo uso que os discos duros, pero non está formado por discos mecánicos, senón por memorias de circuítos integrados para almacenar a información, utilizando tecnoloxías como a memoria flash, memoria SDRAM, etc. Ao non ter pezas móbiles, a unidade de estado sólido reduce drasticamente o tempo de procura e latencia, polo que se converteu nunha alternativa moito máis rápida que os discos duros.



As SSD fan uso da mesma interface que os discos duros e, por tanto, son facilmente intercambiables sen ter que recorrer a adaptadores ou cartóns de expansión para compatibilizalas co equipo.



Ao ser inmunes ás vibracións externas, son especialmente aptas para vehículos, computadores portátiles e outros dispositivos móbiles.